“Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida”

No ano 2022 saíu ao prelo a 1ª edición do libro “Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida“. Agora podes ollalo en liña ou descargalo dende esta páxina do observatorio, na que seguen colaborando, publicando e investigando dende hai anos os seus autores e autoras. Pódese mercar na Deputación de Lugo, ou nalgunha libraría.

Cuestionario “Brincadeiras de ontem para as crianças de hoje”

O questionário procura perceber que brincadeiras marcaram a infância dos adultos e a infância dos seus filhos, quais estão a desaparecer, quais são vistas como importantes e/ou perigosas e que tipo de experiências lúdicas gostaríamos que as novas gerações pudessem viver. Demora cerca de 10 minutos a preencher e as respostas são anónimas, sendo utilizadas … Ler máis

As primeiras bibliotecas de sementes de Galicia abren en Mañón, Betanzos e Cedeira

Tecelás da Terra abre as primeiras bibliotecas de sementes de Galicia en Mañón, Betanzos e Cedeira. un proxecto comunitario promovido por tres educadoras sociais. A iniciativa de Tecelás da Terra busca «recuperar, conservar e compartir sementes tradicionais». «Compartirán sementes, saberes e experiencias, nun proceso comunitario baseado no apoio mutuo, a aprendizaxe colectiva e o benestar». … Ler máis

Xogos con moito pasado, presente e futuro

Por N. Noguerola. ” Conta o mes­tre Paco Veiga que a his­to­ria da inves­ti­ga­ción do patri­mo­nio lúdico galego tivo un impulso deci­sivo coa Xera­ción Nós, «pois O Terra de Melide con­ti­nuou o camiño ini­ciado polo Padre Sar­miento ou Mar­cial Valla­da­res», explica. Veiga fala do manual de etno­gra­fía edi­tado polo Semi­na­rio de Estu­dos Gale­gos para poñer … Ler máis

A educación dos nosos fillos – Vanesa de Quinzán

Cerne 241. Marzo 2026Colaboracións 11 Nestes días presentouse en Melide un libro sobre o patrimonio lúdico galego, que ten detrás moito traballo e experiencias da Asociación do Xogo Tradicional e Popular. Nese libro -e nesa presentación- falouse de como se respectan ou non as nosas maneiras de xogar, propias da nosa cultura. Ler todo.

Unha ollada sobre os xogos tradicionais galegos

Sacado da web Tempos Dixital. Por Miguel Vázquez Freire. “Pertenzo a unha xeración que, na súa infancia, aínda viviu a alternancia estacional dos xogos colectivos porque, nos anos cincuenta e sesenta, polo menos nas vilas, os rapaces e as rapazas (case sempre, cada quen polo seu lado) xogabamos en grupo e na primavera tocaban uns … Ler máis

Novo espazo en liña do Museo da A.D.R.L. (Coimbra – Portugal)

Novo espazo en liña do Museu – Escola do Brinquedo Tradicional Popular (A.D.R.L.). A Associação Desportiva e Recreativa do Loureiro (ADRL) é unha entidade que organiza actividades deportivas e recreativas, incluíndo asembleas xerais para os seus membros. A sede e as actividades principais desenvólvense no Loureiro. (Cernache-Coimbra -Portugal).

Capar o río

Ver vídeo. Consiste en lanzar pedras planas para que reboten sobre a superficie da auga tantas veces como sexa posible. O obxectivo é lograr o maior número de saltos ou rebotes, medindo a habilidade e precisión do lanzador. Máis en Enredos Campolongo – Máis en Ríos Galegos

Microcredencial Universitaria en Playworker: Introdución á profesionalización do xogo para o sector socioeducativo

Curso presencial: 9,10,16,23, e 30 de abril. Obxectivos do curso: Formar a outras persoas mediante demostracións prácticas de xogos e xoguetes, garantindo o uso correcto, seguro e pedagoxicamente adecuado dos mesmos.Elaborar recursos educativos instrutivos ou promocionais, aplicando criterios pedagóxicos, comunicativos e de accesibilidade.Ensinar a xogar a diferentes xogos, explicando e aplicando correctamente os procedementos operativos.Demostrar … Ler máis

Presentación en Melide do libro Patrimonio lúdico galego

Unha obra centrada na investigación e na divulgación dos xogos tradicionais. Participaron Antía Freire, Davide L. Canoura e Pepe López. A sesión incluíu un obradoiro de construción de xoguetes de Manolo García (O Recuncho das argalladas) e música de Herba Grileira. Presentou a concelleira Carme Liñeira. Ver imaxes da presentación do libro – Artigo relacionado