Unha morea de nenos e nenas participaron nunha nova edición do “Día do peón” ou “Día da buxaina“. Nós este ano tratámola como Buxainada. Era para celebralo antes pero a moita choiva que leva caído impediuno. Como xa contamos noutra entrada, engadimos na xornada un brincaletras para coñecer mellor o vocabulario deste entretido xogo. Fixemos unha competición con 5 trucos: Bailar, Canciño, Foguete, Búmerang e Ponte-búmerang. Rematamos tod@s con un combate por nivel. Gañaba a buxaina última en caer. Ver fotos
Buxainada no CEP Campolongo
Buxainada no CEP Campolongo
Facebook
X
WhatsApp
Telegram
Email