Gres fai memoria para recuperar os xoguetes de Balbino

“Entre as ducias de eventos que en 2027 van rendir homenaxe a Xosé Neira Vilas como autor escollido para o Día das Letras Galegas figura un proxecto do Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego. Será un libro no que se recollan detalles dos xogos e xoguetes que menciona o escritor de Gres en boa parte da … Ler máis

Entidades que tecen territorio

Mario Outeiro, no xornal do Progreso de Lugo (05-11-2026), fala de dúas entidades que colaboran “a tecer o territorio”. Unha delas é a nosa, a do Obsevatorio do Patrimonio Lúdico Galego. Ver artigo Ver na web do xornal

Xogos tradicionais en Berres como homenaxeando a Manuel García Barros.

Os xogos populares volveron ocupar , o xoves 29 de outubro, un lugar protagonista en Berres, onde O Recuncho da Lingua organizou unha xornada para recuperar a memoria lúdica doutras xeracións e homenaxear a Manuel García Barros no 150º aniversario do seu nacemento. Baixo o título Os xogos de Alberte Quiñoi, a actividade desenvolveuse de … Ler máis

As boleiras que perduran en Cantabria.

Santander ten documentadas 71 boleiras: 29 están en uso, sete son recuperables, outras sete permanecen abandonadas e 28 desapareceron. Para entender esa transformación hai que mirar a outro Santander. “Había practicamente unha boleira en cada recuncho e en cada barrio”, lembra José Ángel Hoyos, da Fundación Birlos de Cantabria, que sitúa un dos principais focos … Ler máis

Un investigador do CSIC alerta da toxicidade dos chans de caucho dos parques: “Quen pasa moito tempo alí están a inhalar moitas moléculas disruptoras endócrinas.”

Moita xente utiliza case a diario un deses parques infantís con randeeiras, tobogáns e un chan como de goma relativamente brando. Ecoloxistas en Acción pon este mércores en marcha unha campaña para mapealos e esixir a súa retirada tras un estudo do CSIC que demostra que este caucho de pneumáticos reciclados contén substancias que poden … Ler máis

Tiro á lata

Melide ten nos xogos populares un elemento idiosincrático. O tiro á lata con escopeta de pau «é xenuíno de Melide. Hai xogos de lanzamento en todas partes, pero tan específico, non», di o mestre Paco Veiga, da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional (AGXPT). El é un dos estudosos que participaron no traballo de … Ler máis

Presentación oficial do libro “Patrimonio Lúdico Galego. Investigación, recursos e divulgación dos xogos tradicionais”.

Este luns 5 de outubro de 2026, despois de presentar o libro na Radio Galega. Representantes do Observatorio Lúdico Galego trasladáronse á praza da Quintana para presentar o libro, xunto con Juan L. Blanco Valdés, director de Edicións USC, no marco da X edición da Semana do Libro de Compostela (SELIC 2026), organizada polo Concello … Ler máis