Melide ten nos xogos populares un elemento idiosincrático. O tiro á lata con escopeta de pau «é xenuíno de Melide. Hai xogos de lanzamento en todas partes, pero tan específico, non», di o mestre Paco Veiga, da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional (AGXPT). El é un dos estudosos que participaron no traballo de campo que se desenvolveu este verán no marco da investigación «Xoguetes e enredos tradicionais e sustentables no Camiño de Santiago: circulación de enredos con materiais da natureza». Ver nova na prensa.
Tiro á lata
Tiro á lata
Facebook
X
WhatsApp
Telegram
Email