Xogos tradicionais en espazos públicos

Novas iniciativas para os nosos xogos tradicionais. Todos os luns de novembro de 2026 en Santiago de Compostela, na rúa Travesa:Día 9 – Saltamos á corda e á gomaDía 16 – A pita cega o cachiboteDía 23 – As Boliñas, a buxaina e a mariolaDía 30 – Trabalinguas, adiviñaa e cantarelas

Día do Péon 2026 – QUE BAILEN OS PEÓNS POR TODA GALICIA!

XX Día do Peón. 11 de novembro ás 12 h. – Polo San Martiño, peóns ao camiño! Desde Brinquedia particularmente, e dende o Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego en xeral, convidamos todos os centros e colectivos galegos a organizar a lectura do manifesto feita por Cándido Pazó para o Día do Peón 2026”, e a … Ler máis

Xogos tradicionais en Berres como homenaxeando a Manuel García Barros.

Os xogos populares volveron ocupar , o xoves 29 de outubro, un lugar protagonista en Berres, onde O Recuncho da Lingua organizou unha xornada para recuperar a memoria lúdica doutras xeracións e homenaxear a Manuel García Barros no 150º aniversario do seu nacemento. Baixo o título Os xogos de Alberte Quiñoi, a actividade desenvolveuse de … Ler máis

Premio V Día do Veciño 2026 para XOTRAMU

Este ano, XOTRAMU recibiu o premio V do Veciño, un recoñecemento ao traballo que realizan na recuperación, conservación e difusión dos xogos tradicionais. Celebrouse o Domingo, 18 de outubro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.No xantar veciñal pagouse 3 € por persoa.Para participar no xantar, houbo que anotarse na Mercería Teresa antes do … Ler máis

Brincarmos montou a cuarta festa do ‘Dia da criança galegofalante’ en Ferrol con Antón Cortizas de padriño

O centro cívico de Canido acolleu onte, sábado 3, por cuarto ano, a celebración do ‘Dia da criança galegofalante’ que organiza Brincarmos, o colectivo de familias da asociación cultural Artábria, co obxectivo de garantir o dereito das nenas e nenos a medrar e socializar empregando a súa lingua con normalidade. Ver nova na prensa

XIX Xornada de Literatura de Tradición Oral. “Palabras de berce: o folclore infantil e a transmisión da memoria”

A XIX Xornada de Literatura de Tradición Oral: “Palabras de berce: o folclore infantil e a transmisión da memoria” celebrarase en Lugo o día 24 de outubro, no Salón de Actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos, 8). A inscrición é obrigatoria e previa, con matrícula gratuíta, seguindo estes criterios: Ver programa

“Premi Baldufa” para o Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego

A “Federació Catalana de Jocs, Esports i Deports Tradicionals” (FCJEDT), nunha das súas actividades, quere recoñecer a persoas e entidades que fixeron e están a facer cousas interesantes polo mundo do xogo tradicional. O Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego é a escollida este ano 2026 nunha das categorías na vindeira IV Gala, como unha das … Ler máis