A XIX Xornada de Literatura de Tradición Oral: “Palabras de berce: o folclore infantil e a transmisión da memoria” celebrarase en Lugo o día 24 de outubro, no Salón de Actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos, 8).
A inscrición é obrigatoria e previa, con matrícula gratuíta, seguindo estes criterios:
- As persoas que queiran dispor da homologación da Consellaría de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, por un total de 8 horas, deberán inscribirse directamente a través https://www.as-pg.gal/, no apartado de Formación.
- As persoas que desexen recibir un certificado de asistencia por parte da AELG, e aquelas que quixesen asistir sen obter homologación nin certificado, deberon incribirse enviando un correo electrónico a oficina@aelg.org, indicando nel o nome, apelidos e documento de identidade.