Guía de recursos
sobre o Patrimonio
Lúdico Galego

Páxina promovida polo
OBSERVATORIO DO PATRIMONIO LÚDICO GALEGO

Quen somos?

Esta base de datos, en liña e en permanente actualización, está promovida polo OBSERVATORIO DO PATRIMONIO LÚDICO GALEGO, integrado actualmente polas seguintes persoas e entidades:

– Antón Cortizas Amado, investigador dos xogos e xoguetes tradicionais
– Antonio Ferrer Moreira, educador do CEP Campolongo de Pontevedra
– Apolinar Graña Varela, investigador da Universidade de Navarra
– Carmela Sánchez Aríns, investigadora e técnica do patrimonio
– Ismael Álvarez López, investigador da Universidade de Burgos
– Manuela Vázquez Coto, investigadora da Universidade da Coruña
– Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional (AGXPT)
– Asociación de Xogadores/as da Chave da Santiago
– Brinquedia, Rede Galega do Xogo Tradicional
– Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), de Ponteceso
– Odaiko Krea, S.L.
– O recuncho das argalladas, museo de Vilanova de Lourenzá
– Somos Enredos, S.L.
– Xogos Populares e Tradicionais (Santalla – A Pontenova)
– Xogos Tradicionais Muimenta (XOTRAMU)

Aplicación para teléfonos móbiles

O OBSERVATORIO DO PATRIMONIO LÚDICO GALEGO e o CONSELLO DA CULTURA GALEGA botaron a andar en novembro de 2021 un proxecto que persegue ofrecer dun xeito sinxelo posibilidades para poñer en práctica xogos tradicionais en calquera momento. Trátase dunha páxina web e dunha aplicación para teléfonos móbiles pensadas para as familias, para os/as educadores/as e para calquera persoa que queira xogar.

Promoven:

Fainos chegar ese outro recurso sobre os nosos xogos que non atopaches nesta páxina

Actualidade

Audiovisual creado (2005) por Xosé López e Xosé Manuel García, responsables do museo do xoguete “O recuncho das argalladas”, localizado

O mércores, día 26 de marzo de 2025, cumpríronse 30 anos da andaina de Ponte nas Ondas. Dende que arrincara

Ciclo de conferencias da Aula Oberta que se celebraran no Salón de Actos da Embaixada de España en Andorra durante