Recursos Musicais

Asociación Espazo Lectura (Gondomar), 2017
A Banda dos Cueiros é unha banda de música infantil que naceu das actividades de Espazo Lectura de Gondomar. Música para nenos e nenas de 0 ata os 7 anos, aproximadamente, nun libro con moitas pezas da tradición que está organizado en catro bloques temáticos (as rutinas, os afectos, os animais e as partes do corpo) e pretende ser unha ferramenta lúdica e didáctica que contribúa ao desenvolvemento dos máis pequenos, das máis pequenas

A GRAMOLA GOMINOLA

Galaxia, 2016
Libro-disco no que se fai un percorrido pola historia da música contemporánea, con diferentes estilos. Contén o tema “Campión internacional“, centrado na billarda.

Kalandraka, 2017
Un disco de 11 nanas coa música popular como referencia. O disco inclúe 10 textos de diferentes autores como Carlos Rivero, Xabier Díaz e unha selección de coplas de tradición oral.

ARROLOS E RODAS: TEXTOS POPULARES

Everest, 2008
A entoación e o ritmo silábico destas composicións tranquilizan e acariñan os máis pequenos no seu camiño ao descanso. Coas cancións de roda iniciámonos na literatura a través do xogo, un xogo compartido que nos axuda a relacionarnos cos nosos iguais.

CANTA CONNOSCO!

Kalandraka, 1996
​Libro-disco dirixido a público familiar , con ilustracións de Óscar Villán, do que se publicou unha edición conmemorativa en formato libro-cd-dvd, coincidindo co seu 20º aniversario.
A aparición deste traballo musical en 1996 foi todo un fito na música do país. Por primeira vez, un grupo galego con ampla experiencia de actuacións en directo para público infantil e xuvenil, facía un disco na nosa lingua coa calidade dun traballo musical para persoas adultas.
Inclúe cancións infantís de carácter máis tradicional, xunto co rap, o rock, a cumbia, o reagge e o pasodobre, ata unha melodía de inspiración africana ou un canto de berce, pasando polo tema instrumental folk que pecha o disco. Contén tamén o auténtico hit do mundo do patrimonio lúdico titulado “Os xogos”.

Xerais, 2018
Con ilustracións de David Rodríguez, este libro compendia as prosodias, rimas, recitados, fórmulas máxicas e encadeados máis representativos do cancioneiro de tradición oral infantil que nos falan do mundo dos animais e que, por seren transmitidos de xeración en xeración, están moi ligados á cultura popular e ás veces a ritos ancestrais. O libro acompáñase dun documento sonoro creado polo Obradoiro Experimental de Música Tradicional, formado por Nani García e Manuel Rico, que nos aproxima a novas referencias musicais recreando as melodías do cancioneiro tradicional.