Representantes dos colectivos que forman parte do Observatorio, así como persoas investigadoras integradas nel a título individual, tiveron unha reunión en Santiago o luns, 14 de xullo. O obxectivo era analizar os proxectos en marcha do Observatorio, entre eles a aplicación para móbiles que chega agora aos 112 xogos, así como a publicación que verá a luz nos próximos meses recollendo case 40 experiencias de investigación e divulgación dos xogos tradicionais galegos. Debateron tamén, entre outros asuntos, o VII Curso de Formación sobre o Patrimonio Lúdico que o Observatorio organizará en Muimenta, na Terra Chá, na primavera de 2026.
Reunión de traballo do Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego en Santiago. 14 de xullo
Reunión de traballo do Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego en Santiago. 14 de xullo
Facebook
X
WhatsApp
Telegram
Email