Presentación oficial do libro “Patrimonio Lúdico Galego. Investigación, recursos e divulgación dos xogos tradicionais”.

Este luns 5 de outubro de 2026, despois de presentar o libro na Radio Galega. Representantes do Observatorio Lúdico Galego trasladáronse á praza da Quintana para presentar o libro, xunto con Juan L. Blanco Valdés, director de Edicións USC, no marco da X edición da Semana do Libro de Compostela (SELIC 2026), organizada polo Concello … Ler máis

Brincarmos montou a cuarta festa do ‘Dia da criança galegofalante’ en Ferrol con Antón Cortizas de padriño

O centro cívico de Canido acolleu onte, sábado 3, por cuarto ano, a celebración do ‘Dia da criança galegofalante’ que organiza Brincarmos, o colectivo de familias da asociación cultural Artábria, co obxectivo de garantir o dereito das nenas e nenos a medrar e socializar empregando a súa lingua con normalidade. Ver nova na prensa

Xoguetes, Enredos e Xogos Tradicionais e Sustentables no Camiño de Santiago

O sábado, 17 de outubro, presentaranse en Melide os resultados provisionais dunha investigación sobre os Xogos e Enredos do Camiño. Proxecto ao abeiro da “Cátedra do Camiño de Santiago e das Peregrinacións”, que está dirixido por investigadores integrantes do Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego. Lugar: Biblioteca Vázquez Pintor (Melide)Hora: 18:00 h Haberá xogos tradicionais na … Ler máis

XIX Xornada de Literatura de Tradición Oral. “Palabras de berce: o folclore infantil e a transmisión da memoria”

A XIX Xornada de Literatura de Tradición Oral: “Palabras de berce: o folclore infantil e a transmisión da memoria” celebrarase en Lugo o día 24 de outubro, no Salón de Actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos, 8). A inscrición é obrigatoria e previa, con matrícula gratuíta, seguindo estes criterios: Ver programa

Falemos de cousas serias.

“… O xogo ten un importante papel na endoculturación e na socialización, tanto primaria como secundaria, da infancia e da mocidade. Non só é diversión ou actividade física, senón que tamén serve como ferramenta de transmisión cultural. A través da lingua, dos contos, dos retrousos, das adiviñas ou da música que, moitas veces, lles é … Ler máis

XXIV Día do Veciño 2026

Este ano, XOTRAMU recibe o premio V do Veciño, un recoñecemento ao traballo que realizan na recuperación, conservación e difusión dos xogos tradicionais. Queren celebralo con tod@s @s que se acheguen á festa.Domingo, 18 de outubroPazo de Feiras e Congresos de LugoXantar veciñal: 3 € por persoaPara participar no xantar, é necesario anotarse na Mercería … Ler máis

150 anos de Manuel García Barros

En Berres-A Estrada, naceron algúns dos persoeir@s que traballaron pola cultura galega. Entre eles están, o pioneiro no estudo do xogo Marcial Valladares, súa irmá, pioneira tamén neste caso como muller escritora, Avelina Valladares… e, o protagonista do vídeo que segue, Manuel García Barros. Este home deixounos unha novela, “As aventuras de Alberte Quiñoi” que, … Ler máis