Concurso de cartas en Pontevedra para dinamización social das parroquias

Concurso de cartas en Pontevedra para dinamización social das parroquias

Benestar Social impulsa o II Campionato de Cartas Cidade de Pontevedra, unha cita lúdica para fomentar a dinamización social das parroquias. Detalles do torneo:

  • Xogos: Brisca, tute e escoba (por parellas).
  • Participantes: Aberto a toda a veciñanza, con preferencia para maiores de 60 anos.
  • Prazo de inscrición: Ata o 10 de decembro de 2026.
  • Como inscribirse:
    • De forma presencial no centro social de cada parroquia.
    • En liña a través do formulario dispoñible na web oficial do Concello de Pontevedra.
  • Calendario e fases:
    • Presentación do calendario de eliminatorias e cruces nos centros sociais: entre o 14 e o 23 de decembro de 2026.
    • Primeira eliminatoria: 11 de xaneiro de 2027.
    • Gran final: No Pazo da Cultura na primeira metade de 2027.
  • Ver nova na prensa
Facebook
X
WhatsApp
Telegram
Email