Guía de recursos
sobre o Patrimonio
Lúdico Galego

Páxina promovida polo
OBSERVATORIO DO PATRIMONIO LÚDICO GALEGO

Quen somos?

Esta base de datos, en liña e en permanente actualización, está promovida polo OBSERVATORIO DO PATRIMONIO LÚDICO GALEGO, integrado actualmente polas seguintes persoas e entidades:

– Antón Cortizas Amado, investigador dos xogos e xoguetes tradicionais
– Antonio Ferrer Moreira, educador do CEP Campolongo de Pontevedra
– Apolinar Graña Varela, investigador da Universidade de Navarra
– Carmela Sánchez Aríns, investigadora e técnica do patrimonio
– Ismael Álvarez López, investigador da Universidade de Burgos
– Luís Ramas Ramírez, estudoso e divulgador do mundo da buxaina
– Manuela Vázquez Coto, investigadora da Universidade da Coruña
– Silvia López Gómez, especialista en vídeo-xogos (USC)
– Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional (AGXPT)
– Asociación de Xogadores/as da Chave da Santiago
– Brinquedia, Rede Galega do Xogo Tradicional
– Centro de Cultura Popular “Xaquín Lorenzo” – Deputación de Ourense
– Club de Loitas Tradicionais “A Cambadela”, da Estrada
– Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), de Ponteceso
– O Recuncho das Argalladas, museo de Vilanova de Lourenzá
– Somos Enredos, S.L.
– Xogos Tradicionais Muimenta (XOTRAMU)

Aplicación para teléfonos móbiles

O OBSERVATORIO DO PATRIMONIO LÚDICO GALEGO e o CONSELLO DA CULTURA GALEGA botaron a andar en novembro de 2021 un proxecto que persegue ofrecer dun xeito sinxelo posibilidades para poñer en práctica xogos tradicionais en calquera momento. Trátase dunha páxina web e dunha aplicación para teléfonos móbiles pensadas para as familias, para os/as educadores/as e para calquera persoa que queira xogar.

Promoven:

Fainos chegar ese outro recurso sobre os nosos xogos que non atopaches nesta páxina

Últimas entradas

Novo espazo en liña do Museu – Escola do Brinquedo Tradicional Popular (A.D.R.L.). A Associação Desportiva e Recreativa do Loureiro

Ver vídeo. Consiste en lanzar pedras planas para que reboten sobre a superficie da auga tantas veces como sexa posible.

Curso presencial: 9,10,16,23, e 30 de abril. Obxectivos do curso: Formar a outras persoas mediante demostracións prácticas de xogos e