Asociación Espazo Lectura (Gondomar), 2017
A Banda dos Cueiros é unha banda de música infantil que naceu das actividades de Espazo Lectura de Gondomar. Música para nenos e nenas de 0 ata os 7 anos, aproximadamente, nun libro con moitas pezas da tradición que está organizado en catro bloques temáticos (as rutinas, os afectos, os animais e as partes do corpo) e pretende ser unha ferramenta lúdica e didáctica que contribúa ao desenvolvemento dos máis pequenos, das máis pequenas
Recursos Musicais
A GRAMOLA GOMINOLA
- A Gramola Gominola
Galaxia, 2016
Libro-disco no que se fai un percorrido pola historia da música contemporánea, con diferentes estilos. Contén o tema “Campión internacional“, centrado na billarda.
Kalandraka, 2017
Un disco de 11 nanas coa música popular como referencia. O disco inclúe 10 textos de diferentes autores como Carlos Rivero, Xabier Díaz e unha selección de coplas de tradición oral.
ARROLOS E RODAS: TEXTOS POPULARES
- Begoña Varela Vázquez, Noemí López
Everest, 2008
A entoación e o ritmo silábico destas composicións tranquilizan e acariñan os máis pequenos no seu camiño ao descanso. Coas cancións de roda iniciámonos na literatura a través do xogo, un xogo compartido que nos axuda a relacionarnos cos nosos iguais.
Canción Coma o trompo – Os Ourensón
Letra: “Ven comigo “pra” rúa xogar coa bóla ti me tiras punteirazos, eu che fago un paradón. Tamén podemos, se queres, probar coa chave dalle ás aspas co peso, ponlle toda a túa atención. E non deixes de xirar, e non deixes de xirar. Fago o camiño como o trompo en San Martiño, fago o camiño e non deixo de xirar (bis).
Trouxen hoxe dous paus para divertirnos lanza ao aire a billarda dalle forte co palán. Máis tarde poderiamos marchar coas bicis temos camiño dabondo e diante todo o serán. E non deixes de xirar, e non deixes de xirar. Fago o camiño como o trompo en San Martiño. Fago o camiño e non deixo de xirar. Escoitar a música
Outra canción: A buxaina brincadeira
CANTA CONNOSCO!
- Migallas Teatro
Kalandraka, 1996
Libro-disco dirixido a público familiar , con ilustracións de Óscar Villán, do que se publicou unha edición conmemorativa en formato libro-cd-dvd, coincidindo co seu 20º aniversario.
A aparición deste traballo musical en 1996 foi todo un fito na música do país. Por primeira vez, un grupo galego con ampla experiencia de actuacións en directo para público infantil e xuvenil, facía un disco na nosa lingua coa calidade dun traballo musical para persoas adultas.
Inclúe cancións infantís de carácter máis tradicional, xunto co rap, o rock, a cumbia, o reagge e o pasodobre, ata unha melodía de inspiración africana ou un canto de berce, pasando polo tema instrumental folk que pecha o disco. Contén tamén o auténtico hit do mundo do patrimonio lúdico titulado “Os xogos”.
Xerais, 2018
Con ilustracións de David Rodríguez, este libro compendia as prosodias, rimas, recitados, fórmulas máxicas e encadeados máis representativos do cancioneiro de tradición oral infantil que nos falan do mundo dos animais e que, por seren transmitidos de xeración en xeración, están moi ligados á cultura popular e ás veces a ritos ancestrais. O libro acompáñase dun documento sonoro creado polo Obradoiro Experimental de Música Tradicional, formado por Nani García e Manuel Rico, que nos aproxima a novas referencias musicais recreando as melodías do cancioneiro tradicional.
Miudiño, 2016
Fíos do querer ofrécenos 24 sinxelas e fermosas cancións para xogar, cantar e bailar cos nenos/as no colo.
Artista que dirixe o seu traballo ao público infantil con todo tipo de producións. Algúns dos seus temas musicais
fan referencia explícita ao patrimonio lúdico galego.
Kalandraka, 2014
Un libro-disco de arrolos tradicionais, xoias melódicas do noso patrimonio oral e musical recreadas por destacados intérpretes. “Estes cantos de berce, noutrora abondosos e hoxe case inexistentes, transmitían as palabras primeiras. Palabras que completaban o universo sonoro co amor vertido sobre a criatura…” (Mini no Limiar).
(Libro, CD e DVD)
Pai Música, 2006
Na primeira parte do libro atópase a información de cada unha das cantigas incluidas no CD. Na segunda parte aparecen textos explicativos cunha ampla información sobre as tradicións do Nadal en Galiza. Os textos foron elaborados por Carlos Rey, Xosé Luis Rivas (Mini) e Baldomero Iglesias (Mero).