Con motivo da celebración do Día Mundial da Infancia, 20 de novembro, o Museo do Pobo Galego incorpora unha nova colección ao catálogo en liña.
Dentro das diversas clasificacións que se poden facer, o Museo do Pobo Galego fala de: xogos de aprendizaxe, de habilidade, de imitación, de movemento, sonoros, da mocidade e da idade adulta. Nesta última distingue os xogos de habilidade e os xogos de mesa. Ver a colección de xogos e xoguetes.
Aprende máis escollendo a resposta correcta do xogo Día Mundial da Infancia