Falemos de cousas serias.

“… O xogo ten un importante papel na endoculturación e na socialización, tanto primaria como secundaria, da infancia e da mocidade. Non só é diversión ou actividade física, senón que tamén serve como ferramenta de transmisión cultural. A través da lingua, dos contos, dos retrousos, das adiviñas ou da música que, moitas veces, lles é … Ler máis

XXIV Día do Veciño 2026

Este ano, XOTRAMU recibe o premio V do Veciño, un recoñecemento ao traballo que realizan na recuperación, conservación e difusión dos xogos tradicionais. Queren celebralo con tod@s @s que se acheguen á festa.Domingo, 18 de outubroPazo de Feiras e Congresos de LugoXantar veciñal: 3 € por persoaPara participar no xantar, é necesario anotarse na Mercería … Ler máis

150 anos de Manuel García Barros

En Berres-A Estrada, naceron algúns dos persoeir@s que traballaron pola cultura galega. Entre eles están, o pioneiro no estudo do xogo Marcial Valladares, súa irmá, pioneira tamén neste caso como muller escritora, Avelina Valladares… e, o protagonista do vídeo que segue, Manuel García Barros. Este home deixounos unha novela, “As aventuras de Alberte Quiñoi” que, … Ler máis

“Premi Baldufa” para o Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego

A “Federació Catalana de Jocs, Esports i Deports Tradicionals” (FCJEDT), nunha das súas actividades, quere recoñecer a persoas e entidades que fixeron e están a facer cousas interesantes polo mundo do xogo tradicional. O Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego é a escollida este ano 2026 nunha das categorías na vindeira IV Gala, como unha das … Ler máis

Chantada do cravo

Clavar unha punta ou varias nunha madeira dura, normalmente nun toro dunha árbore. Pódese facer individual ou por equipos. Ver vídeo

Xurés 2026

Xunto co grande Festival que se celebrará o sábado 26 de setembro, teremos durante tres días (25, 26 e 27 de setembro), o maior Encontro anual internacional de profesionais da Educación Social. Un espazo único de encontro para profesionais, estudantes e profesorado da Educación Social, promovendo ao mesmo tempo a cultura e as tradicións do … Ler máis

Os xogos de Alberte Quiñoi

Adiada a xornada ate novo aviso. Na memoria de Manuel García Barros. Xógase co alumnado do colexio de Foxo.Lugar: No adro da igrexa de Berres (A Estrada)Data: 25 de setembro de 2026Hora: 10:30 a 13:30 h Ver carátula do libro Aventuras de Alberte Quiñoi