“Entre as ducias de eventos que en 2027 van rendir homenaxe a Xosé Neira Vilas como autor escollido para o Día das Letras Galegas figura un proxecto do Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego. Será un libro no que se recollan detalles dos xogos e xoguetes que menciona o escritor de Gres en boa parte da súa obra literaria. Son detalles que van facilitar os veciños e veciñas de Gres, a parroquia onde naceu e a onde regresou trala emigración en Cuba e Bos Aires, pero tamén haberá información da veciñanza da aldea de Camanzo e do municipio de Boqueixón, ao outro lado do Ulla… A idea de recompilar entre os cruceños da ribeira do Ulla como eran os xoguetes de fai case un sé culo xurdiulle a Xosé López González, membro do citado observatorio, despois de ler máis de 20 libros de Neira Vilas. Ler máis no artigo do Faro de Vigo.
Gres fai memoria para recuperar os xoguetes de Balbino
Gres fai memoria para recuperar os xoguetes de Balbino
Facebook
X
WhatsApp
Telegram
Email