Día do Péon 2026 – QUE BAILEN OS PEÓNS POR TODA GALICIA!

Día do Péon 2026 – QUE BAILEN OS PEÓNS POR TODA GALICIA!

XX Día do Peón. 11 de novembro ás 12 h. – Polo San Martiño, peóns ao camiño!

Desde Brinquedia particularmente, e dende o Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego en xeral, convidamos todos os centros e colectivos galegos a organizar a lectura do manifesto feita por Cándido Pazó para o Día do Peón 2026”, e a facer bailar cantos máis peóns mellor…

Achegamos o manifesto

Que baile o peón por toda Galicia!
O peón ou a sevillana, a peona, o repeón, o piñón, a buxaina, a buxa, a trompa, o bailarico, a bailareta, o bailarete, a bailarela…

“O Día do Peón é unha celebración tradicional en Galicia promovida pola asociación Brinquedia que se celebra cada ano ao redor da festividade de San Martiño (11 de novembro), baixo o popular lema “Polo San Martiño, peóns ao camiño!”. Este ano o acto central do Día do Peón será en Vedra no mesmo día de Sanmartiño.

Facebook
X
WhatsApp
Telegram
Email