“Premi Baldufa” para o Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego

“Premi Baldufa” para o Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego

A “Federació Catalana de Jocs, Esports i Deports Tradicionals” (FCJEDT), nunha das súas actividades, quere recoñecer a persoas e entidades que fixeron e están a facer cousas interesantes polo mundo do xogo tradicional. O Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego é a escollida este ano 2026 nunha das categorías na vindeira IV Gala, como unha das entidades que defendeu e defende o xogo tradicional en moitos ámbitos, e por tanto outorgóuselle o premio de ENTIDADE AMIGA.

O domingo 27 de setembro de 2026, ás catro e media da tarde, na sala de actos do “Ajuntament de Sant Jaume d’Enveja” celebrouse a IV Gala do Joc Tradicional onde, entre outras actividades, entregaron os diferentes premios. Unha representación do Observatorio estivo presente alí: Xosé Manuel García e Xosé López (Museo O Recuncho das Argalladas, de Vilanova de Lourenzá), Quico Darriba (Xogos Tradicionais Muimenta) e Manuel Rodríguez, Charrancas (Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional). VER O PROGRAMA E AS ENTIDADES GALARDOADAS – VER NOVA NA PRENSA CATALANA. – VER VÍDEO DA ENTREGA DO PREMIO.

Nota: Unha baldufa é o xoguete coñecido por nós como peón (buxaina).

Ver nova na prensa: GALICIAXA – BOTÓNS (Portal Galego de Educación – La Crónica (León)

Artigo relacionado

Facebook
X
WhatsApp
Telegram
Email