Xogos tradicionais en Berres como homenaxeando a Manuel García Barros.

Xogos tradicionais en Berres como homenaxeando a Manuel García Barros.

Os xogos populares volveron ocupar , o xoves 29 de outubro, un lugar protagonista en Berres, onde O Recuncho da Lingua organizou unha xornada para recuperar a memoria lúdica doutras xeracións e homenaxear a Manuel García Barros no 150º aniversario do seu nacemento.

Baixo o título Os xogos de Alberte Quiñoi, a actividade desenvolveuse de 10.30 a 13.30 horas no teleclub, en colaboración co CEIP do Foxo , que mantén vínculos familiares co escritor, autor de As aventuras de Alberte Quiñoi. Todo o alumnado participou deste xornada.

A convocatoria estivo aberta a todo aquel que quixo acercarse. Ver fotos no Facebook – Ver un dos xogos en Enredos Campolongo

Artigo relacionado: – 150 anos de Mauel García Barros – Os xogos de Alberte Quiñoi

Facebook
X
WhatsApp
Telegram
Email