XLIX Torneo de Chave na Alameda de Santiago

Tradicional Torneo de Chave nas Festas da Ascensión de Santiago de Compostela. O venres 15 de maio ás 20:30 h poderanse anotar as parellas, é deseguido farase o sorteo das mesmas para inmediatamente poñerse á xogar. Ao día seguinte,sábado 16, ás 17:00 h comezarán de novo as eliminatorias ata chegar á final.

Festa dos Maios 2026 en Pontevedra

Outro ano máis o CEP Campolongo participou na tradicional Festa dos Maios de Pontevedra. Unha das máis fermosas para traballar en comunidade … Ver o vídeo da actuación. Na web do centro podes ampliar a información.

Tui en letras

A Biblioteca Municipal de Tui acollerá ao longo do mes de maio diversas actividades de animación á lectura. Dezasete actividades conforman a programación “Tui en letras” que se vai desenvolver ao longo dos meses de maio e xuño. No programa figuran citas anuais xa tradicionais como o domingo, 17 de maio, Día das Letras Galegas, … Ler máis

Muimenta e Lourenzá acollen en maio o VII Curso de Formación sobre Patrimonio Lúdico

Muimenta e Lourenzá acollerán do 8 ao 10 de maio a sétima edición do Curso de Formación sobre Patrimonio Lúdico, organizado polo Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego, Nova Escola Galega, Xotramu, O Recuncho das Argalladas de Lourenzá e Iberia Ludens. Relatorios, mesas redondas, práctica de xogos tradicionais e visitas a museos da contorna conforman o … Ler máis

A Xunta declara Ben de Interese Cultural do patrimonio inmaterial o Xogo de Birlos de Galicia

A Xunta declara Ben de Interese Cultural o Xogo dos Birlos de Galicia, na categoría de patrimonio inmaterial, en recoñecemento ao seu papel coma un dos xogos populares e tradicionais máis importantes da historia de Galicia. Así se acordou hoxe no Consello do Goberno galego, onde se lle deu o visto e prace ao decreto, … Ler máis

Fórum Brincar | Encontros temáticos

A IPA Portugal vai lançar um conjunto de encontros online sobre o brincar, cobrindo várias temáticas. O objetivo é ativar, manter e fortalecer uma rede de apoio, de reflexão e de recursos, aproveitando a diversidade do que já se faz no território nacional. Os encontros terão lugar na 4ª quarta-feira de cada mês, com temas … Ler máis

XI Xornadas de Innovación Educativa Rural

O martes 14 de abril de 2026 celebraranse as XI Xornadas de Innovación Educativa Rural na Facultade e Ciencias da Educación de Santiago de Compostela. Estas Xornadas teñen como finalidade afondar no coñecemento e difusión de boas prácticas desenvolvidas en contextos rurais, promovendo a reflexión acerca das dinámicas socioambientais, culturais, educativas e económicas que lles … Ler máis