Entidades que tecen territorio

Mario Outeiro, no xornal do Progreso de Lugo (05-11-2026), fala de dúas entidades que colaboran “a tecer o territorio”. Unha delas é a nosa, a do Obsevatorio do Patrimonio Lúdico Galego. Ver artigo Ver na web do xornal

Xogamos cos refráns

Hai que que escoller de dúas ou tres opcións a correcta. Entra e xoga en O GALEGO.EU Xogar na nosa páxina nas actividades H5P: Refraneiro I – Refraneiro II – Refraneiro III

Xogos tradicionais en espazos públicos

Novas iniciativas para os nosos xogos tradicionais. Todos os luns de novembro de 2026 en Santiago de Compostela, na rúa Travesa:Día 9 – Saltamos á corda e á gomaDía 16 – A pita cega o cachiboteDía 23 – As Boliñas, a buxaina e a mariolaDía 30 – Trabalinguas, adiviñaa e cantarelas

Día do Péon 2026 – QUE BAILEN OS PEÓNS POR TODA GALICIA!

XX Día do Peón. 11 de novembro ás 12 h. – Polo San Martiño, peóns ao camiño! Desde Brinquedia particularmente, e dende o Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego en xeral, convidamos todos os centros e colectivos galegos a organizar a lectura do manifesto feita por Cándido Pazó para o Día do Peón 2026”, e a … Ler máis

Abellón

Abellón

Este libro é un ensaio de divulgación sobre o mito das abellas dentro das prácticas populares galegas asociadas coa morte e a súa relación con instrumentos sonoros universais como as zoadeiras ou bramadeiras. Ler máis – Ver outra explicación no Facebook.

Xogos tradicionais en Berres como homenaxeando a Manuel García Barros.

Os xogos populares volveron ocupar , o xoves 29 de outubro, un lugar protagonista en Berres, onde O Recuncho da Lingua organizou unha xornada para recuperar a memoria lúdica doutras xeracións e homenaxear a Manuel García Barros no 150º aniversario do seu nacemento. Baixo o título Os xogos de Alberte Quiñoi, a actividade desenvolveuse de … Ler máis