Presentación en Melide dos avances dos resultados da investigación `Enredos e Xogos Tradicionais e Sustentables no Camiño de Santiago´.

Presentación en Melide dos avances dos resultados da investigación `Enredos e Xogos Tradicionais e Sustentables no Camiño de Santiago´.

A Biblioteca Vázquez Pintor, de Melide, acolleu este sábado 17 de outubro de 20226 a presentación e o avance dos resultados desta investigación, desenvolvida ao abeiro da 𝗖𝗮́𝘁𝗲𝗱𝗿𝗮 𝗱𝗼 𝗖𝗮𝗺𝗶𝗻̃𝗼 𝗱𝗲 𝗦𝗮𝗻𝘁𝗶𝗮𝗴𝗼 𝗲 𝗱𝗮𝘀 𝗣𝗲𝗿𝗲𝗴𝗿𝗶𝗻𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀, que busca afondar no coñecemento dos xogos e enredos vinculados ás peregrinacións ao longo dos séculos.
No acto participaron o 𝗮𝗹𝗰𝗮𝗹𝗱𝗲 𝗱𝗲 𝗠𝗲𝗹𝗶𝗱𝗲, 𝗝𝗼𝘀𝗲́ 𝗠𝗮𝗻𝘂𝗲𝗹 𝗣𝗲́𝗿𝗲𝘇; 𝗣𝗮𝗰𝗼 𝗩𝗲𝗶𝗴𝗮, da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional (AGXPT); e 𝗔𝗽𝗼𝗹𝗶𝗻𝗮𝗿 𝗩𝗮𝗿𝗲𝗹𝗮, da Universidade da Coruña e investigador principal do proxecto. A sesión estivo moderada por 𝗔𝗻𝘁𝗶́𝗮 𝗙𝗿𝗲𝗶𝗿𝗲, da AGXPT, e contou coa ambientación musical de Nós ao noso. A xornada incluíu tamén 𝘅𝗼𝗴𝗼𝘀 𝘁𝗿𝗮𝗱𝗶𝗰𝗶𝗼𝗻𝗮𝗶𝘀 𝗻𝗮 𝗣𝗿𝗮𝘇𝗮 𝗱𝗮𝘀 𝗨𝗻𝗶𝘃𝗲𝗿𝘀𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲𝘀. O proxecto conta coa participación e colaboración da Agxpt Xogos Tradicionais e doutros membros do Observatorio Lúdico Galego. Ver entrevista no Facebook.

Facebook
X
WhatsApp
Telegram
Email