Como era infancia, a mocidade e a educación entre 1915 e 1936?.

Como era infancia, a mocidade e a educación entre 1915 e 1936?.

A esa pregunta tentou responder a investigadora Uxía Bolaño Amigo analizando diversas cabeceiras da prensa galega e madrileña desa época. Así, mentres a prensa emitida no territorio galego olla cara Madrid no camiño cara a modernización e o progreso, a de difusión estatal torna a súa mirada cara as elites burguesas e aristocráticas de París e Londres; e a prensa galega da emigración proxecta a apertura cara unha Galicia con conciencia de si propia. A partir do estudo desenvolvido conclúe a doutora Uxía Bolaño que as revistas analizadas pretenden transmitir “mediante as representacións que proxectan, un modelo de infancia, de primeira adolescencia e da súa educación consoante cos ideais dominantes entre a clase hexemónica burguesa, tentando cumprir un labor de reprodución social baixo modelos identitarios que trasladan nocións de xénero, clase social e de identidade nacional”.

Ler todo o artigo

Facebook
X
WhatsApp
Telegram
Email