Presentación do libro “Patrimonio Lúdico Galego” en Santiago de Compostela

Presentación do libro “Patrimonio Lúdico Galego” en Santiago de Compostela

Edicións USC participa na Semana do Libro en Compostela presentando os volumes “Patrimonio lúdico galego” e `As mulleres e o mar e as mulleres e o comercio na Galicia dos séculos XIX e XX´. Terán lugar este 5 e 6 de outubro na Praza da Quintana.

O luns 5, ás 19:00 horas, o director de Edicións USC, Juan L. Blanco Valdés, xunto cos coordinadores da edición, Silvia López Gómez e Apolinar Varela, e membros do Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego presentan o libro Patrimonio Lúdico Galego. Investigación, recursos e divulgación dos xogos tradicionais´.

O martes día 6, tamén ás 19:00 horas, a vicerreitora de Cultura, Ana Cabana Iglesia, o director de Edicións, e as autoras Luisa Muñoz Abeledo e Marta Alija presentan os libros As mulleres e o mar. O traballo feminino nas industrias marítimas de Galicia. Séculos XIX e XX e As mulleres e o comercio na Galicia dos séculos XIX e XX, ambas as dúas publicacións da Cátedra Juana de Vega da USC.

Facebook
X
WhatsApp
Telegram
Email