Desde o Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego expresamos o noso profundo pesar polo falecemento de Xosé Manuel Beiras Torrado e trasladamos as nosas máis sinceras condolencias á súa familia e ás persoas achegadas.
Queremos lembrar e recoñecer non só a súa destacada traxectoria política e intelectual, senón tamén o seu compromiso coa defensa e posta en valor da cultura galega e, particularmente, do noso patrimonio lúdico.
Neste sentido, para o Observatorio constitúe un motivo de especial orgullo e gratitude que un dos seus últimos actos públicos tivese lugar no Curso de Patrimonio Lúdico celebrado en Vilanova de Lourenzá-Muimenta. A súa participación brindounos a oportunidade de escoitar e compartir reflexións cunha das figuras intelectuais máis lúcidas e relevantes da Galiza contemporánea.
O seu legado, o seu pensamento e o seu compromiso coa identidade e coa cultura do noso país permanecerán na memoria colectiva.
Adeus a un dos bos e xenerosos.