O Concello do Grove, xunto con Cándido Mascato García, responsable da colección e socio da Asociación Madama, custodian unha inxente morea de xogos , moitos deles de inxenio e habilidade, que soen expoñer ou prestar en diferentes datas a todo aquel que o solicite. Normalmente préstanse en lotes de 25. Moitos deles poden atoparse no Facebook, ou tamén, ordenados en orde alfabético na bitácora Enredos Campolongo (dos máis de setecentos xogos hai recollidos, de momento, algo máis de 150). Nesta web podes atopar o teléfono de contacto na categoría Entidades/Colectivos
Xogos populares do Grove
Xogos populares do Grove
Facebook
X
WhatsApp
Telegram
Email