Festa dos Maios en Pontevedra 2025

Celebrouse a tradicional Festa dos Maios 2025 en moitos concellos de Galicia, principalmente das provincias de Ourense e Pontevedra. Nesta última destacan os da propia cidade, os de Poio, Redondela, Marín, Vilagarcía … O CEP Campolongo fixo unha pequena reportaxe da súa participación na Praza da Ferraría de Pontevedra que podedes ollar na seguinte ligazón: … Ler máis

Tempo de xogar. Brincando na natureza

Audiovisual creado (2005) por Xosé López e Xosé Manuel García, responsables do museo do xoguete “O recuncho das argalladas”, localizado no Pazo de Tovar, en Vilanova de Lourenzá (Lugo). Un xeito de gozar da nosa natureza lúdica. Daquela que temos ao noso carón e, moitas veces, non somos capaces de adiviñar as múltiples sorpresas agradables … Ler máis

30º Aniversario Ponte nas Ondas

O mércores, día 26 de marzo de 2025, cumpríronse 30 anos da andaina de Ponte nas Ondas. Dende que arrincara en Salvaterra de Miño hai tres décadas, leva loitando e poñendo en valor o noso patrimonio inmaterial, desde as máis variadas perspectivas.O colectivo do Patrimonio Lúdico Galego queremos agradecerlles este inmenso traballo e dedicación, neste … Ler máis

Aula Oberta 2025 – A bugalliña e o bugalliño

Ciclo de conferencias da Aula Oberta que se celebraran no Salón de Actos da Embaixada de España en Andorra durante este ano 2025. Entre as conferencias destacamos a de “Jugando con la tradición : un análisis etnomotor y feminista a bugalliña y o bugalliño”, da nosa compañeira do Patrimonio Lúdico Galego Manuela Vázquez Coto.

No 8 de marzo

Que todos días sexan 8M!!! E que poidamos seguir a xogar coas amigas! Xogando á brisca. Santo André de Campo Redondo, Ribadavia, 1978. Andrés García Francés. FB: Ollar Galicia. Fotografía antiga.

Xogo tradicional e feminismo: Primeira Tese de Doutoramento sobre o patrimonio lúdico galego desde a perspectiva de xénero

A rianxeira Manuela Vázquez Coto defendeu este xoves un traballo de investigación sobre o xogo da bugalliña, practicado desde tempo inmemorial polas mulleres da parroquia de Santo Estevo de Nóvoa, en Carballeda de Avia. As mulleres practicantes deste xogo, que segue plenamente vixente na actualidade, utilizárono historicamente como un mecanismo de empoderamento e de autoafirmación, … Ler máis