Olimpíadas Rurais 2026 en Friol

Olimpíadas Rurais 2026 en Friol

A Praza Andón Cebreiro de Friol acolleu este sábado a presentación da terceira edición das Olimpíadas Rurais de Galicia, que se celebrarán na localidade por terceiro ano consecutivo os días 26, 27 e 28 de xuño.

O evento, organizado pola Consellería do Medio Rural, a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello friolés, coa coordinación do colectivo deportivo Hércules, contará con 20 equipos formados por 20 persoas cada un, todas elas maiores de 16 anos. Supón así un incremento respecto ao pasado ano, cando tomaran parte 14 grupos. Ver nova na prensa.

Facebook
X
WhatsApp
Telegram
Email