Os días 22, 23 e 24 de maio, Noia converterase nun punto de encontro para amantes da lectura, da cultura e da creatividade cunha programación chea de presentacións, actividades, obradoiros e propostas para todas as idades.
O domingo 24 á 11:00 h, no Claustro da Casa do Concello de Noia, será a presentación do noso libro “Patrimonio Lúdico Galego. Investigación, recursos e divulgación dos xogos tradicionais”.
Participarán Xosé Manuel Barreiro Insua e Carmela Aríns, presidente e secretaria de Brinquedia e asinantes de tres textos.