Xornadas
XVII Campionato de Tirapedras da Galiza Central
Melide, 18 de agosto de 2025 O Campionato, que se celebra por 17º ano consecutivo -excepción feita dos tempos da pandemia- está organizado pola Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional e intenta recuperar, ademais do xogo en si, os espazos do casco histórico da vila de Melide onde se xogaba historicamente. Trátase xa dun … Ler máis
24ª Asemblea da Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais
Reus (Catalunya), do 10 ao 13 de xullo de 2025. Galicia estará representada polo Museo Etnolúdico de Galicia e pola Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional
Xadrez na Rúa vran de 2025 – Vilagarcía de Arousa
Varias xornadas: 13 de xullo e 10 de agosto no Paseo do Campo, 3 de agosto no Paseo do Cantiño (Festa do mexillón), 17 de agosto na Praza do Concello (Festa do Deporte)Inscripción e información: 655570936
V Campionato da chave na Festa do Escalo en Chaián
Festa do escalo o domingo 20 de xullo XLIX na Carballeira de Chaian. Concurso de pesca acompañada con V Campionato da Chave de Santiago. Ver máis torneos da Chave de Santiago
Encontro Interxeracional de Xogos e Enredos Tradicionais en Allariz
Data: Mércores 9 de xullo Hora: 10:30 h Quedada na Acearrica
Olimpiadas Xogos Populares – En Maceda
O Domingo 6 de xullo Olimpiadas Xogos Populares nas Piscinas Municipais de Maceda – Ourense Lugar: Piscinas Municipais de Maceda Hora: A partir das 11:00 h
XLVII CAMPIONATO DE CHAVE NA ALAMEDA DE SANTIAGO
Festas do Apóstolo 2025 – XLVII CAMPIONATO DE CHAVE NA ALAMEDA DE SANTIAGOOs días 18 e 19 de Xullo
O Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego en Ribera del Duero
Unha representación de compañeiros do Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego (O recuncho das argalladas, A chave de Santiago e o Museo MELGA) no XI Encontro Internacional de Xogos Tradicionais en Ribera del Duero.
XVII Festa dos xogos tradicionais en Muimenta organizada por XOTRAMU
Muimenta vístese de tradición o domingo 1 de xuño… e ti non podes faltar! Chega a XVII Festa dos Xogos Tradicionais, unha xornada chea de diversión para todas as idades: • Espectáculo sobre rodas con CABICIVAI • Música tradicional en directo con AXEIGO • Aberto de billarda • Campionato de tirapedras, lanzamento de boina, obradoiros, … Ler máis