XI Xornadas de Innovación Educativa Rural

XI Xornadas de Innovación Educativa Rural

O martes 14 de abril de 2026 celebraranse as XI Xornadas de Innovación Educativa Rural na Facultade e Ciencias da Educación de Santiago de Compostela. Estas Xornadas teñen como finalidade afondar no coñecemento e difusión de boas prácticas desenvolvidas en contextos rurais, promovendo a reflexión acerca das dinámicas socioambientais, culturais, educativas e económicas que lles atinxen. Dentro das xornadas presentarase tamén o libro “Investigación, recursos, e divulgación dos xogos tradicionais” promovido polo Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego. Ver programa.

Facebook
X
WhatsApp
Telegram
Email