Publicado o libro de investigación promovido polo Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego

Libro-Patrimonio-Ludico-Galego

O día 11 de novembro, coincidindo coa festa da San Martiño, saíu do prelo a obra colectiva Patrimonio lúdico galego. Investigación, recursos e divulgación dos xogos tradicionais. Considerado xa un fito na historia da investigación do noso patrimonio lúdico, o libro foi escrito por un total de 42 especialistas, e está editado pola Universidade de … Ler máis

XIX Día do Peón

Un ano máis, Brinquedia convida a todos os centros educativos, asociacións, colectivos, administracións e persoas a título individual a facer bailar un peón o 11 de novembro. Chega así unha nova convocatoria do Día do Peón, a número XIX, que desde 2005 facemos cadrar coa festividade do San Martiño. Na presente edición, o acto central … Ler máis

Brincaletras do “Peón” ou da “Buxaina”

Se queres aprender algunhas curiosidades deste xoguete podes facelo xogando con este Brincaletras. Algunhas das preguntas foron sacadas do Pasapalabra atopado na rede Artigos relacionados con este enredo: Historia do peón – Cancións – Máis en Enredos Campolongo

Día do peón – Unha buxaina para Gaza – Ziba eguna

Dálle corda á vida, dálle corda á Ziba. Apoiando a iniciativa solidaria da “Alkartu Ikastola” (Escola de Alkartu). Invitámoste a sacar o neno e a nena que levas dentro, a recuperar a buxaina da túa infancia e facela xirar por unha causa solidaria. Faina xirar con forza, con esperanza, co desexo dun mundo máis xusto. … Ler máis

Xogando con avións de papel

O mundo da papiroflexia préstase para facer enredos creativos e poder xogar con eles. Presentamos aquí un dos máis sinxelos, o avión. Nesta páxina web podes atopar na Etiqueta “Xogos para o fogar” un apartado de papiroflexia onde atoparás varias plantillas para poder elaboralos, entre eles están: O Avión, O Avión planeador e A Avioneta. … Ler máis

Bonecas coa folla do millo

Bonecas de folla de millo

Tres artesás de San Sadurniño triunfan coas súas bonecas feitas con follas de millo. “A miña nai xa me ensinara de pequena facelas, pero eran moi básicas. Non podían mover os brazos e levábanos estirados porque levaban arame e non podían encollelos. Era todo moi básico”, sinala Ana. “Nós démoslles colorido. Engadimos a cor nelas … Ler máis

Un fito no estudo do noso patrimonio lúdico está no prelo

A obra colectiva titularase “Patrimonio lúdico galego: Investigación, recursos e divulgación dos xogos tradicionais” O libro recolle 37 estudos e experiencias sobre os xogos tradicionais, baixo a responsabilidade de 42 persoas investigadoras e impulsoras do noso riquísimo patrimonio lúdico. Todo un fito, pola súa ambición, na divulgación dos nosos xogos. Un proxecto promovido polo Observatorio … Ler máis

Música para o Día do Peón

Buxainas

“A buxaina brincadeira” . Do álbum Cantareliña de Saraibas. Ver a letra – Escoitar a cancíón “Coma o trompo” – Os Ourensóns . Ver a letra – Escoitar a canción Máis curiosidades

Tiratacos

Un xogo armado e explicado por Pepe e Manolo do Recuncho das Argalladas . Feito con materiais da natureza, cunha pequena póla de sabugueiro e co froito do loureiro. Trátase dunha “arma” tradicional, pero inofensiva. O seu obxecto é disparar “balas” autofabricadas cos diversos materiais, principalmente as lorbagas de loureiro. Ver vídeo coa explicación. Ver … Ler máis