Un fito no estudo do noso patrimonio lúdico está no prelo

Un fito no estudo do noso patrimonio lúdico está no prelo

A obra colectiva titularase “Patrimonio lúdico galego: Investigación, recursos e divulgación dos xogos tradicionais”

O libro recolle 37 estudos e experiencias sobre os xogos tradicionais, baixo a responsabilidade de 42 persoas investigadoras e impulsoras do noso riquísimo patrimonio lúdico. Todo un fito, pola súa ambición, na divulgación dos nosos xogos.

Un proxecto promovido polo Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego, e apoiado e financiado pola Universidade de Santiago e pola Secretaría Xeral da Lingua.

Faranse públicos proximamente, tanto a data exacta de saída como un avance do primeiro programa de presentacións da obra.

Facebook
X
WhatsApp
Telegram
Email