Xogos
Birlos/Bolos celtas
Xuntamos nesta entrada varias ligazóns que te levarán a diferentes aspectos deste xogo tradicional: Historia deste xogo – Vocabulario dos birlos – Traballo sobre modalidades de Birlos Galegos (Bolo da Serra do Barbanza, Bolo celta de Val Miñor, Bolo en liña, Bolo de Xove, Bolo canteiro, Bolo de Viana, Bolo de Tineo-celta …), Vídeos explicativos … Ler máis
Bota a andar un estudo sobre o patrimonio lúdico nos concellos galegos do Camiño Francés.
O Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego iniciou, coa recollida de datos, un proxecto de investigación sobre os xogos populares. Ler nova na prensa Artigo relacionado – Ver a nova en Cerne – Xullo 2026
A “Chave de Santiago” participa en Ribera del Duero no Festival de Juegos tradicionales de Villanueva de Gumiel
A Chave de Santiago está a participar neste 30 de maio de 2026 no “Festival de Juegos tradicionais de Villanueva de Gumiel” na Ribeira do Douro.
O vocabulario tradicional da serra do Courel inspira dous xogos de mesa
O léxico tradicional da serra do Courel serve de base a dous xogos de mesa —un dominó e un memory de cartas— creados por iniciativa do colexio público Poeta Uxío Novoneyra dentro do proxecto «Palabra no tempo», promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Instituto da Lingua Galega. O obxectivo é axudar … Ler máis
XVIII FESTA DOS XOGOS TRADICIONAIS CON XOTRAMU
O domingo 7 de xuño tes unha cita en Muimenta para divertirte xogando. Entre outras actividades presentan: – Espectáculo de narración oral – Musica en directo – Axedrez xigante – Obradoiro de xoguetes sonoros – Aberto de billarda – Campionato de tirapedras – Lanzamento de boina – Campionato de tronzón – Obradoiros e moito máis!
Olimpíadas Rurais 2026 en Friol
A Praza Andón Cebreiro de Friol acolleu este sábado a presentación da terceira edición das Olimpíadas Rurais de Galicia, que se celebrarán na localidade por terceiro ano consecutivo os días 26, 27 e 28 de xuño. O evento, organizado pola Consellería do Medio Rural, a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello friolés, coa … Ler máis
A Xunta declara Ben de Interese Cultural do patrimonio inmaterial o Xogo de Birlos de Galicia
A Xunta declara Ben de Interese Cultural o Xogo dos Birlos de Galicia, na categoría de patrimonio inmaterial, en recoñecemento ao seu papel coma un dos xogos populares e tradicionais máis importantes da historia de Galicia. Así se acordou hoxe no Consello do Goberno galego, onde se lle deu o visto e prace ao decreto, … Ler máis
Xogos para corentena
Antigo almacén dixital dos xogos que logo formarían parte do libro “Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida” Entrar na web