Juegos tradicionales. Juegos de mesa e ingenio

Novo libro sobre os xogos de mesa. Obra colectiva sobre xogos tradicionais de mesa na que un dos colaboradores é Ricardo Pérez y Verdes, director do museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), e tamén integrante do Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego. A súa aportación leva por título “Los juegos de tablero en la antiguedad: una visión … Ler máis

Juegos guanches inéditos

“Juegos guanches inéditos” é un libro clave escrito por José Manuel Espinel Cellas e Francisco García-Talavera. Explora xogos, pasatempos e inscricións xeométricas que os antigos aborixes das Illas Canarias (os guanches) xogaban hai séculos. Moitos se conservaron por tradición oral.

Horario de verán do MELGA

O Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), situado no municipio de Ponteceso (A Coruña), abrirá as súas portas este verán-26, para todas aquelas persoas interesadas en coñecer a Historia do mundo do xoguete, do Xogo e os Deportes Tradicionais e Modernos, tanto de España como de Galicia ou do mundo, nun percorrido polas salas expositivas do … Ler máis

Birlos/Bolos celtas

Xuntamos nesta entrada varias ligazóns que te levarán a diferentes aspectos deste xogo tradicional: Historia deste xogo – Vocabulario dos birlos – Traballo sobre modalidades de Birlos Galegos (Bolo da Serra do Barbanza, Bolo celta de Val Miñor, Bolo en liña, Bolo de Xove, Bolo canteiro, Bolo de Viana, Bolo de Tineo-celta …), Vídeos explicativos … Ler máis

A exposición de xogos populares ‘O Cadaval’ chega ao CIN de Fonmiñá coincidindo co novo horario

O Centro de Interpretación da Natureza (CIN) de Fonmiñá acolle durante as dúas primeiras semanas de xullo ( do 1 ó 13) a exposición de xogos populares O Cadaval, unha iniciativa que achega ao público diferentes elementos lúdicos tradicionais e que busca poñer en valor o patrimonio cultural vinculado aos xogos de sempre. Ver máis

Álex González, creador do primeiro videoxogo galego

En 1986, Álex González (Ourense, 1960) creou The Wall, o primeiro videoxogo feito en Galicia. Nas 22 pantallas xógase, tipo marcianos, con outros inimigos, mexillóns, trísceles … O xogo formará parte proximamente do Museo do Pobo Galego. Comenta o creador que o xogo naceu de casualidade, e que non lle deu tanta importancia ata hai … Ler máis

Xornada: Xoguetes e enredos tradicionais e sustentables no Camiño de Santiago

“Apolinar Varela devolve os xogos tradicionais ao seu berce de Buño” Na xornada teremos dúas presentacións: 1ª Dentro da Cátedra do Camiño de Santiago e das Peregrinacións, preséntase o proxecto “Xoguetes e enredos tradicionais e sustentables no Camiño de Santiago” 2ª Presentación do libro “Patrimonio lúdico galego: investigación, recursos e divulgación dos xogos tradicionais” do … Ler máis

OS XOGOS NO CAMIÑO DE SANTIAGO

Proxecto de investigación do Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego ao abeiro da IX CONVOCATORIA DE AXUDAS Á INVESTIGACIÓN SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO E AS PEREGRINACIÓNS da Universidade de Santiago Os representantes do Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego, Xosé López e Xosé Manuel García (do Museo O Recuncho das Argalladas de Vilanova de Lourenzá) e … Ler máis