FIGURA DE MULLER DE MANUEL RODRÍGUEZ, CHARRANCAS

FIGURA DE MULLER DE MANUEL RODRÍGUEZ, CHARRANCAS

Melide, 18 de agosto de 2026. Achégase a “Peza do Mes” a colección de creacións artísticas que forman parte dos fondos do Museo da Terra de Melide, integrada por obras de diversa natureza e autoría que foron incorporándose ao longo dos anos, en boa medida grazas ás doazóns realizadas polos propios artistas ou por particulares. A peza que presentamos nesta ocasión é unha escultura realizada polo melidao Manuel Rodríguez Vázquez «Charrancas».
Trátase dunha figura feminina tallada en madeira, representada axeonllada sobre unha base rectangular e concibida mediante formas sinxelas, redondeadas e notablemente estilizadas. Realizado todo, figura e base, nunha soa peza. Ver máis

Facebook
X
WhatsApp
Telegram
Email