Queres practicar os xogos da Chave ou da Billarda?
Demostración de CHAVE, ESTORNELA ou BILLARDA. Martes, día 20 de xaneiro, de 16,30 a 18,00 horas no Centro Cívico de Romaño – Vista Alegre – Santiago de Compostela.
Demostración de CHAVE, ESTORNELA ou BILLARDA. Martes, día 20 de xaneiro, de 16,30 a 18,00 horas no Centro Cívico de Romaño – Vista Alegre – Santiago de Compostela.
Iniciativa da agrupación (SEMENTE) . Cada mes do almanaque ten un xogo e un código QR para ver un vídeo do xogo. Ver o almanaque. “O xogo é, desde sempre, unha necesidade vital da humanidade. É a actividade máis importante da infancia, a profesión dos nenos, o territorio natural onde proban o mundo e descobren … Ler máis
O Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego informa nos medios das últimas novidades que está a levar dentro da súa organización:
O I Congresso Internacional sobre o Brinquedo, que vai decorrer dias 06 e 07 de fevereiro em Ponte de Lima, vai reunir especialistas nacionais e internacionais para debater o valor do brinquedo como património e identidade cultural. Ver programa.
En Tipos de xogos da APP temos a etiqueta XOGUETES. Nela atoparás algúns feitos na natureza cunha breve descrición : Rinrán – Trompa – Cataventos- Papaventos – Carraca – Peón – Galo de loureiro – Curuxa – Carrizo – Estraloque – Foguetes – Bailaretes – Zoadeira …
Benqueridos Reis Magos: … Este ano quero que me traiades algún brinquedo máis útil e máis bonito. Vouvos facer unha pequena listaxe para que, se vos cadra e tedes diso, me traiades o que vos pete: Gustaríame xogar ás agachadas, ao tulé… Gustaríame xogar coas plantas e as súas flores… Ver a carta completa – … Ler máis
Na bitácora de Enredos Campolongo temos un traballo do refraneiro galego dos meses do ano. Unha vez dentro do artigo, onde pon XOGAMOS, hai Brincaletras dos diferentes meses para xogar con algúns dos refráns. Tamén hai acceso para velos en PDF ou en imaxes. Imos enlazar dende aquí dous meses, Decembro (Nadal) e Xaneiro. Se … Ler máis
Clicando na seguinte ligazón, atoparás os Instrumentos musicais na tradición galega . Clicando neles poderás ampliar a información de como é e como facer o instrumento. Estes están clasificados polo son que producen. Aquí só facemos refencia a algúns dos que hai na web. Idiófonos: “Sistro”, albuche de cana, axóuxer, botella, campás, carrizo, castañetas, castañolas, … Ler máis
Estamos a encher un espazo máis nesta páxina web do Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego con libros recomendados para os xogos populares e tradicionais galegos. A páxina está na categoría Recursos/Libros. Deixamos aquí algúns dos títulos que xa temos metidos. -Patrimonio lúdico galego. Investigación, recursos e divulgación de xogos tradicionais-Xogos tradicionais galegos para tempos de … Ler máis