Tui en letras

Tui en letras

A Biblioteca Municipal de Tui acollerá ao longo do mes de maio diversas actividades de animación á lectura. Dezasete actividades conforman a programación “Tui en letras” que se vai desenvolver ao longo dos meses de maio e xuño. No programa figuran citas anuais xa tradicionais como o domingo, 17 de maio, Día das Letras Galegas, a celebración da XXVII Feira do Libro Galego que este ano se celebrará na renovada praza da Inmaculada. Previamente, o xoves 13, a praza de San Fernando acollerá unha nova edición de “Tui le”, coa participación das bibliotecas escolares dos centros educativos tudenses e da Biblioteca Municipal, que se suma ás celebracións dos 800 anos da consagración da catedral tudense. Este evento de promoción da lectura contará coa actuación de Barafunda co seu espectáculo “Ollo piollo” para todo o alumnado participante. Tamén cita fixa nesta programación é o acto conmemorativo do aniversario dos Xogos Florais de Galicia celebrados do 24 ao 26 de xuño de 1891 na cidade, que este ano contará co espectáculo “Medula” de Cristal Méndez. A lembranza á figura homenaxeada no Día das Letras Galegas deste ano 2026, Begoña Caamaño, será a protagonista do Concerto “A tecedora de soños”, coa voz de Uxía Senlle e a arpa de Bleuen LeFriec, nun concerto a celebrar o vindeiro 21 de maio. Dentro de todas elas temos o venres 5 de xuño a presentación do libro“Patrimonio lúdico galego. Investigación, recursos e e divulgación dos xogos tradicionais . Ver programación.

Facebook
X
WhatsApp
Telegram
Email