Día do peón – Unha buxaina para Gaza – Ziba eguna

Dálle corda á vida, dálle corda á Ziba. Apoiando a iniciativa solidaria da “Alkartu Ikastola” (Escola de Alkartu). Invitámoste a sacar o neno e a nena que levas dentro, a recuperar a buxaina da túa infancia e facela xirar por unha causa solidaria. Faina xirar con forza, con esperanza, co desexo dun mundo máis xusto. … Ler máis

Bonecas coa folla do millo

Bonecas de folla de millo

Tres artesás de San Sadurniño triunfan coas súas bonecas feitas con follas de millo. “A miña nai xa me ensinara de pequena facelas, pero eran moi básicas. Non podían mover os brazos e levábanos estirados porque levaban arame e non podían encollelos. Era todo moi básico”, sinala Ana. “Nós démoslles colorido. Engadimos a cor nelas … Ler máis

Un fito no estudo do noso patrimonio lúdico está no prelo

A obra colectiva titularase “Patrimonio lúdico galego: Investigación, recursos e divulgación dos xogos tradicionais” O libro recolle 37 estudos e experiencias sobre os xogos tradicionais, baixo a responsabilidade de 42 persoas investigadoras e impulsoras do noso riquísimo patrimonio lúdico. Todo un fito, pola súa ambición, na divulgación dos nosos xogos. Un proxecto promovido polo Observatorio … Ler máis

Música para o Día do Peón

Buxainas

“A buxaina brincadeira” . Do álbum Cantareliña de Saraibas. Ver a letra – Escoitar a cancíón “Coma o trompo” – Os Ourensóns . Ver a letra – Escoitar a canción Máis curiosidades

Tiratacos

Un xogo armado e explicado por Pepe e Manolo do Recuncho das Argalladas . Feito con materiais da natureza, cunha pequena póla de sabugueiro e co froito do loureiro. Trátase dunha “arma” tradicional, pero inofensiva. O seu obxecto é disparar “balas” autofabricadas cos diversos materiais, principalmente as lorbagas de loureiro. Ver vídeo coa explicación. Ver … Ler máis

III Olimpíadas Populares no Campo do Cambeo

Olimpiadas

Xornada Lúdica no Campo do Cambeo (Ourense) o pasado 21 de setembro. Na III Olimpíada Popular, con xantar incluído, os xogos que se fixeron foron: Brilé, Tiro de corda, Carreira de chancas, Debullar millo, Carretar auga con equilibrio e Carreira de relevos.

I Xornadas de Iniciación á chave

Ligazón na páxina web oficial da universidade Destinatarios: a Comunidade Universitaria.Lugar: diante do Complexo Deportivo do Estadio.Inscrición: gratuíta.Material: facilitarase por parte da organización. Descrición e desenvolvemento: Campionato de chave: Despois destas xornadas animámosvos a que fagades a inscrición no I Campionato de Chave da USC que se celebrará o día 28 de outubro.

Día do Feirón mariñeiro – Rianxo

En Rianxo, o 18 de setembro celebrouse o Día do Feirón mariñeiro nas Festas da Guadalupe. Atopamos un trompo de 9kg. Menudo peón. Ver máis fotos

Paxaros das nosas ribeiras – O Gafos

Estamos xa no VI bloque do Xogo Dixital Edilim sobre Paxaros das nosas ribeiras. Centrado especialmente no Río Gafos da provincia de Pontevedra. Dende o último podes acceder aos demais. Neles podemos xogar cos seguintes paxaros: BLOQUE I – Lavandeira, Gaivota, Merlo, Pomba, Pega, CorvoBLOQUE II – Abelleiro, Azulenta, Anduriña, Arcea, Bilurico e AveloíñaBLOQUE III … Ler máis