No 8 de marzo

Que todos días sexan 8M!!! E que poidamos seguir a xogar coas amigas! Xogando á brisca. Santo André de Campo Redondo, Ribadavia, 1978. Andrés García Francés. FB: Ollar Galicia. Fotografía antiga.

Xogo tradicional e feminismo: Primeira Tese de Doutoramento sobre o patrimonio lúdico galego desde a perspectiva de xénero

A rianxeira Manuela Vázquez Coto defendeu este xoves un traballo de investigación sobre o xogo da bugalliña, practicado desde tempo inmemorial polas mulleres da parroquia de Santo Estevo de Nóvoa, en Carballeda de Avia. As mulleres practicantes deste xogo, que segue plenamente vixente na actualidade, utilizárono historicamente como un mecanismo de empoderamento e de autoafirmación, … Ler máis

No pasamento de Xosé Manuel Piñeiro

No pasamento de Xosé Manuel Piñeiro, recuperamos esta imaxe xogando con nós na área recreativa do río Furelos en Melide hai, se cadra, dúas décadas. Que os medios públicos non cumpran a función para a que foron creados (e disto sabemos moito no mundo do patrimonio lúdico), non debe facernos indolentes á súa historia e … Ler máis

O taboleiro de xogo máis antigo de Galicia foi atopado en Castro Curbín (Arzúa)

“Sempre dicimos que cada castro é único, e a verdade é que o son. Pero este é especialmente curioso e singular porque atopamos un taboleiro de xogo que non existe noutros lugares, con 2.500 anos de historia. Tradicionalmente pensamos que as nosas adaptacións dos xogos veñen do período romano, pero aquí temos unha evidencia clara … Ler máis