Xogo tradicional e feminismo: Primeira Tese de Doutoramento sobre o patrimonio lúdico galego desde a perspectiva de xénero

Xogo tradicional e feminismo: Primeira Tese de Doutoramento sobre o patrimonio lúdico galego desde a perspectiva de xénero

A rianxeira Manuela Vázquez Coto defendeu este xoves un traballo de investigación sobre o xogo da bugalliña, practicado desde tempo inmemorial polas mulleres da parroquia de Santo Estevo de Nóvoa, en Carballeda de Avia.

As mulleres practicantes deste xogo, que segue plenamente vixente na actualidade, utilizárono historicamente como un mecanismo de empoderamento e de autoafirmación, converténdose o xogo mesmo nun vínculo social que se mantén firme entre as mulleres da parroquia e entre as distintas xeracións da comunidade.

A Tese, baixo o título “Análise etnomotriz e feminista de dous xogos tradicionais galegos practicados por mulleres: a bugalliña e o bugalliño”, estivo dirixida polas profesoras Ana Sánchez Bello e Cristina López Villar, e foi xulgada por un tribunal presidido por Pere Lavega Burgués, profesor da Universidade de Lleida e Presidente da Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais.

Manuela contribúe deste xeito ao estudo e posta en valor do patrimonio lúdico galego cunha investigación, levada a cabo ao longo de moitos anos, que é pioneira no conxunto de Estado e de Europa, e un auténtico un fito na historia do noso País.

Facebook
X
WhatsApp
Telegram
Email