“Do 8 ao 10 de maio tiven a oportunidade de participar no VII Curso de Formación sobre o Patrimonio Lúdico e na II Escola de Verán de Xogos Tradicionais “Iberia Ludens”. https://xogostradicionais.gal/7o-curso-de-formacion…/
Formar parte desta experiencia foi realmente especial. Ademais de coñecer e practicar xogos aos que nunca antes xogara —e descubrir, de paso, que teño habilidades bastante máis mermadas do que pensaba—, tamén houbo momentos nos que a sorte da principiante estivo do meu lado.
O máis importante para min foi compartir tempo coas persoas que máis saben e máis están a facer hoxe polo patrimonio lúdico. Poder aprender delas está sendo un soño cumprido. Regreso tamén cunha sensación de esperanza nun momento no que, ás veces, parece que vivimos nunha sociedade cada vez máis individualista e menos empática. Ver de preto como a xente de Muimenta e Lourenzá colabora de maneira totalmente desinteresada, construíndo comunidade e coidando do patrimonio común, é algo emocionante. Abríronnos as portas das súas casas, ofrecéronnos o mellor que tiñan, compartiron as súas historias, explicáronnos como reconstruíron escolas e espazos museísticos, e como dedicaron parte da súa vida a recuperar e reconstruír brinquedos tradicionais. Deixo aquí algunhas imaxes que, sinceramente, non fan xustiza a todo o vivido durante esta fin de semana.” Ver valoración de Paco Veiga
Valoración do VII Curso de Formación do Patrimonio Lúdico Galego, por Silvia López Gómez
Valoración do VII Curso de Formación do Patrimonio Lúdico Galego, por Silvia López Gómez
Facebook
X
WhatsApp
Telegram
Email