Campamento de verán en Ferrol

Campamento de verán en Ferrol

Dende o 31 de agosto até o 8 de setembro o Campus Industrial de Ferrol acollerá un campamento de creatividade e ciencia para favorecer a conciliación das familias ao remate do verán. Ao longo da actividade desenvolveranse actividades vinculadas coa arte e a expresión creativa, coa construción de estruturas, cos experimentos científicos, coa investigación e os descubrimentos, cos xogos de rol e coa creación de historias, cos retos de lóxica, así como diversas actividades ao aire libre e xogos tradicionais. Ler máis.

Facebook
X
WhatsApp
Telegram
Email