Audiovisual creado (2005) por Xosé López e Xosé Manuel García, responsables do museo do xoguete “O recuncho das argalladas”, localizado no Pazo de Tovar, en Vilanova de Lourenzá (Lugo). Un xeito de gozar da nosa natureza lúdica. Daquela que temos ao noso carón e, moitas veces, non somos capaces de adiviñar as múltiples sorpresas agradables que ten agochadas para nós, en forma de brinquedos e xoguetes ben algareiros e feiticeiros, que nos estimulan ao seu goce. Unha fermosa historia das argalladas que un tempo nos fixeron abondo felices e mellores persoas. En fin, un canto e defensa da natureza en toda a súa fermosura, así coma o mundo rural que nola brinda.
Tempo de xogar. Brincando na natureza
Tempo de xogar. Brincando na natureza
Facebook
X
WhatsApp
Telegram
Email