O pasado sábado e de xuño entregáronse en Pontevedra os VI Premios Mil Primaveras aos proxectos Brazolinda xogos, Galego para peques, Modo galego, actívao! (Real Academia Galega e Concello de Ames) e Vitamina G. Moitos parabéns!
Atenea García, de Xarope Tulú, foi a encargada de conducir o acto con contos tradicionais e historias de vida e memoria.
Os fermosos trofeos foron obra de Coas Mans Artesanía, obradoiro de cerámica e vidro de Silleda. Colaboraron neste acto o Concello e a Deputación de Pontevedra. Grazas a todas as persoas que desenvolvedes proxectos de normalización lingüística! Agardamos por eles na vindeira edición!
Ver máis en https://milprimaveras.gal/nova/gl/73
PremiosMilPrimaveras #lingua #normalizaciónlingüística
https://milprimaveras.gal/nova/gl/73