OS XOGOS NO CAMIÑO DE SANTIAGO

OS XOGOS NO CAMIÑO DE SANTIAGO

Proxecto de investigación do Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego ao abeiro da IX CONVOCATORIA DE AXUDAS Á INVESTIGACIÓN SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO E AS PEREGRINACIÓNS da Universidade de Santiago

Os representantes do Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego, Xosé López e Xosé Manuel García (do Museo O Recuncho das Argalladas de Vilanova de Lourenzá) e Manolo Charrancas e Paco Veiga (da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional) desenvolven estes días o traballo de campo dun proxecto de investigación realizado ao abeiro da IX convocatoria de axudas á investigación sobre o Camiño de Santiago e as peregrinacións da Universidade de Santiago, a través da Cátedra dos Camiños de Santiago e das Peregrinacións.

O proxecto está dirixido polo profesor Apolinar Varela e entre o equipo de investigación tamén se atopan as profesoras Silvia López Gómez e Manuela V. Coto, os tres integrantes tamén do Observatorio, e pretende contribuír ao estudo e á difusión dos valores asociados aos Camiños, neste caso tratando de probar tamén de que maneira o propio Camiño francés contribuíu ao intercambio lúdico ao longo dos séculos.

A investigación de campo darase por rematada durante esta semana, o tratamento da información desenvolverase nos próximos meses e, finalmente, as conclusións prevese que se fagan públicas cara a finais de ano.

Facebook
X
WhatsApp
Telegram
Email