

En Navia de Suarna, Ismael Álvarez, membro do grupo Patrimonio Lúdico Galego, co ánimo de divulgar a cultura da zona, comezou unha investigación dirixida á colleita de xogos dos Ancares que rematou no Libro “Xogos tradicionais e populares dos Ancares”, publicado pola Deputación de Lugo e que acaba de presentar neste mes de maio. Recolleu información comunicándose por medio das redes sociais nos tempos da pandemia, coa axuda de diferentes asociacións do lugar , Piornedo, Navia Suarna, As nogais e con outra bibliografía do lugar e propia. Moitos dos xogos están relacionados co mundo da natureza e da agricultura, mantendo o mesmo formato sen sufrir adaptacións. Ver vídeo de Ismael explicando o proceso do libro e comentando algúns dos xogos.