MANUELA VÁZQUEZ COTO

mavazcoto@gmail.com   Prepara a primeira tese de doutoramento sobre o patrimonio lúdico galego desde a perspectiva de xénero. Trátase dun estudo sobre a bugalliña, xogo de mulleres de Santo Estevo de Nóvoa (Carballeda de Avia – O Ribeiro).

CARMELA SÁNCHEZ ARINES

carmela.arines@etnoga.comEstuda sobre xogos do patrimonio lúdico para a súa divulgación e posta en valor entre a cidadanía.

XOSÉ UXÍO (Geno) RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ

uxiorf@hotmail.com   Autor dunha tese de doutoramento titulada O estudo do xogo dos bolos en Boiro : aspectos históricos, estado actual de práctica e perspectivas de futuro.

LUÍS MIGUEL RAMAS RAMÍREZ

lmramas@gmail.comEspecialista no mundo do peón, coautor de Juegos cooperativos con trompos, peonzas y perinolas.

SILVIA LÓPEZ GÓMEZ

lopezgomezsilvia@gmail.com Autora dunha tese de doutoramento titulada Análise descritiva e interpretativa do deseño e contido dos videoxogos elaborados en Galicia.

XOSÉ MANUEL GARCÍA FERNÁNDEZ XOSÉ LÓPEZ GONZÁLEZ

manolo.garcia.fernandez@hotmail.com  pepeceleirao@gmail.com  Dous dos máis grandes investigadores galegos sobre o xoguete tradicional. Autores, entre outras publicacións, d’Os xoguetes esquecidos e Xoguetes naturais. Argalladas dos pícaros.

APOLINAR GRAÑA VARELA

iefagv02@udc.es Autor dunha tese de doutoramento titulada Xogo popular e Educación Física. Unha investigación etnográfica no Concello de Malpica de Bergantiños, na que analiza as prácticas lúdicas desta vila da Costa da Morte.

ANTÓN CORTIZAS AMADO

anton@edu.xunta.es Autor, entre outras, das monumentais recompilacións Chirlosmirlos (xogos tradicionais) e Tastarabás (xoguetes tradicionais).

OLGA CONDE

olga.conde@etnoga.comInvestiga o mundo do xogo para a súa posterior recuperación e divulgación, como sucede cos birlos do Val-O Sobral (Soutomaior).

PABLO CARPINTERO ARIAS

https://gl-es.facebook.com/pablo.carpintero.37Autor, entre outros, dun amplo estudo sobre os instrumentos musicais tradicionais (Os instrumentos musicais na tradición galega).