O QUIQUIRIQUÍ

(Libro, CD e DVD) ​Pai Música, 2006 Na primeira parte do libro atópase a información de cada unha das cantigas incluidas no CD. Na segunda parte aparecen textos explicativos cunha ampla información sobre as tradicións do Nadal en Galiza. Os textos foron elaborados por Carlos Rey, Xosé Luis Rivas (Mini) e Baldomero Iglesias (Mero).

TRACA-TRACO. 24 CANTIGAS DE NANAR, UN ALOUMIÑO E UN ARROLO

Ed. do Cumio, 2015 — CD audio: 24 cantigas de nanar, un aloumiño e un arrolo — Pista de datos: Karaokes Partituras do disco: Arranxos Orff con opción de ver a partichela de cada instrumento co seu son MIDI Outras versións con karaoke Aplicación lectora de partituras Partituras das melodías orixinais en dúas tonalidades

TRECE LÚAS

​Pai Música, 2009 As lúas que compoñen o ciclo do ano, ou os doce meses do calendario; as lúas que dende tempos ancestrais foron guía da vida; as lúas que puxeron data aos traballos e tamén ás festas; as lúas que levan aparelladas unha fonda tradición cultural que chega ate os nosos días…

XOGOS MUSICAIS​

Ed. do Cumio, 2013 Este traballo pretende afondar nos xogos, recitados e cancións para os máis cativos da casa, converténdose deste xeito nun libro entregado por completo aos xogos musicais iniciáticos. O tratamento das cantigas e recitados que compoñen este libro foron escollidos para que sexan un bo material didáctico para os pais, non se … Ler máis

A BANDA DOS CUEIROS

Asociación Espazo Lectura (Gondomar), 2017 A Banda dos Cueiros é unha banda de música infantil que naceu das actividades de Espazo Lectura de Gondomar. Música para nenos e nenas de 0 ata os 7 anos, aproximadamente, nun libro con moitas pezas da tradición que está organizado en catro bloques temáticos (as rutinas, os afectos, os animais e as partes do corpo) e … Ler máis