Libros recomendados para xogos populares e tradicionais

Estamos a encher un espazo máis nesta páxina web do Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego con libros recomendados para os xogos populares e tradicionais galegos. A páxina está na categoría Recursos/Libros. Deixamos aquí algúns dos títulos que xa temos metidos. -Patrimonio lúdico galego. Investigación, recursos e divulgación de xogos tradicionais-Xogos tradicionais galegos para tempos de … Ler máis

O NADAL, TEMPO DE XOGAR – 112 XOGOS TRADICIONAIS GALEGOS NUNHA APP

Trátase dun proxecto desenvolvido polo Consello de Cultura Galega e polo Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego que se inaugurou o 11 de novembro de 2021 e que acaba de rematar a súa segunda fase . A ferramenta, de acceso libre, está pensada para familias, educadores, cidadanía en xeral … e incluso para que os nenos … Ler máis

147 Picaraxadas

Entrando na páxina web do Noticieiro Galego, podemos atopar na etiqueta Colaboracións, 147 Picaraxadas explicadas, feitas con elementos da natureza: bugallos, vimbias, follas, polas, canas, pallas … Feitas por Xosé López González e Xosé Manuel García. Ver índice dos xoguetes en PDF.  

Xogando con avións de papel

O mundo da papiroflexia préstase para facer enredos creativos e poder xogar con eles. Presentamos aquí un dos máis sinxelos, o avión. Nesta páxina web podes atopar na Etiqueta “Xogos para o fogar” un apartado de papiroflexia onde atoparás varias plantillas para poder elaboralos, entre eles están: O Avión, O Avión planeador e A Avioneta. … Ler máis

Música para o Día do Peón

Buxainas

“A buxaina brincadeira” . Do álbum Cantareliña de Saraibas. Ver a letra – Escoitar a cancíón “Coma o trompo” – Os Ourensóns . Ver a letra – Escoitar a canción Máis curiosidades

Tiratacos

Un xogo armado e explicado por Pepe e Manolo do Recuncho das Argalladas . Feito con materiais da natureza, cunha pequena póla de sabugueiro e co froito do loureiro. Trátase dunha “arma” tradicional, pero inofensiva. O seu obxecto é disparar “balas” autofabricadas cos diversos materiais, principalmente as lorbagas de loureiro. Ver vídeo coa explicación. Ver … Ler máis

Paxaros das nosas ribeiras

Estamos xa no VI bloque do Xogo Dixital Edilim sobre Paxaros das nosas ribeiras. Centrado especialmente no Río Gafos da provincia de Pontevedra. Dende o último podes acceder aos demais. Neles podemos xogar cos seguintes paxaros: BLOQUE I – Lavandeira, Gaivota, Merlo, Pomba, Pega, CorvoBLOQUE II – Abelleiro, Azulenta, Anduriña, Arcea, Bilurico e AveloíñaBLOQUE III … Ler máis

O xogo da billarda

Billarda

O xogo da billarda explicado por Kiko Darriba da agrupación XOTRAMU https://xogostradicionais.gal/wp-content/uploads/2025/07/Billarda-Xotramu.mp4

Tempo de xogar. Brincando na natureza

Audiovisual creado (2005) por Xosé López e Xosé Manuel García, responsables do museo do xoguete “O recuncho das argalladas”, localizado no Pazo de Tovar, en Vilanova de Lourenzá (Lugo). Un xeito de gozar da nosa natureza lúdica. Daquela que temos ao noso carón e, moitas veces, non somos capaces de adiviñar as múltiples sorpresas agradables … Ler máis